Caxigalines nella Reguera'l Campizu

22 settembre 2008

GREX PHILOLOGIAE


O ambiente hoxe na facultade era de festa. Voltaban os estudantes e, sobre todo, as estudantes a ocupar o seu sitio. Había unha animación extraordinaria e por un momento sentín baixar un amago de bágoa con aquela mocidade sorrinte e entregada. Un día de pasillos cheos, de dúbidas sobre as cortizas de anuncios, de agardas diante das portas das aulas, de bicos e abrazos de benvidas. A vida renovada outro ano máis. 
Pero cando todo parecía excelso, a tarde reservaba o momento único, o summum. A estampa dun pastor, sentado sobre a escultura de aceiro co caxato, cuidando as ovellas que pacían alleas a todo diante dos edificios. Non se pode pedir nesta rentrée de luxo.  

2 commenti:

Anonimo ha detto...

No sería tan idílica esa estampa de saberen os estudantes o que lles deparará o mercado laboral. Anxiños!

Pero iso non importa: o relevante é recadar estudantes para sobrevivir (agora que até as unis públicas poñen anuncios nos periódicos), alimentar os reinos de taifas dos departamentos e facer Boloña, esa cousa moderna que mesmo parez que nos fai esquecer por uns intres o crecente desprestixio do ensino universitario.

Idílico, non si?

Anonimo ha detto...

Tamén son ganas de amargar o clímax, don Anónimo. Eses razoamentos eran para xullo ou son para outubro, e de aí en adiante todo o que queira. Agora, neste día e nesta luz, corresponde outro labor: ver que malia todo seguen existindo proxectos de vida que pasan nalgunha tanxente por Dante, por Auerbach, por Saussure ou por Tavani.