Caxigalines nella Reguera'l Campizu

29 settembre 2008

NOTAS URXENTES


Ao chou:
1. Escoitei pola radio a voz do novo presidente do CGPJ. Como se pode elixir a un tipo (á marxe da vergonza que supón que sexa designado polo poder político) con esa prosodia? Mete noxo esa meliflua flatulencia.
2. Catrocentos coches oficiais. Andan de recortes. Agora. Coma o dos salarios. Por que non antes?Antes o chiculate do lorito, agora que? 
3. Falan de publicidade extraordinaria (abusiva, engado eu) no anterior emprego do actual alcalde de Vigo. Á vista de todos. Ninguén dixo nada. Segue, non crean, con esta mesma teima. 4. Escoitar o xornal da SER das dúas da tarde é escoitar toda a propaganda supostamente institucional (sábese ben porque é a única en galego). Ou sexa a publicidade dun noticiario é toda dos gobernos. E toda superflua e innecesaria, por non dicir redundante. Páganse así aos xornalistas? Con todo, a da Deputación cos nomes en primeiro lugar de presidente e dun vicepresidente para recordar que lle deron cartos a Cal é das máis indecentes.
5. Os reitores piden financiación e o de Santiago ameaza con que algún día non poderán abrir as portas. Ninguén notaría nada. 
6. O blogomillo, certifico, ferve. 

4 commenti:

Anonimo ha detto...

Conto: mentres no Barco de Valdeorras os rapaces levan 15 días sen profe de galego porque a Administración decidiu que os substitutos poden elixir non ir a sitios afastados das metrópoles; mentres Educación Física e Inglés se converten en afíns de galego e de español; e mentres ratean os materiais dos centros educativos e profesorado correspondente ás mesmas vacantes que eles conceden, a uns cantos escolleitos da administración educativa leváronnos a darnos un curso de cousas que poderiamos ler nós mesmos (porque se nos presupón saber ler) durante dous días nun hotel de 4 estrelas con balneario, almorzo, xantar e cea, todo incluído, con marisco e peixe. Crisis yo? Nunca!

R.R. ha detto...

Bueno carallo, o problema non é que teña voz de peido, é o outro. O da voz de peido soluciónase facendo declaracións por escrito, o outro tendo xuíces independentes e políticos honestos, tendo claro que o da "separación de poderes" inventouse por algo, pero claro, iso parece que xa non importa, non queren que importe, nin os uns nin os outros. E así nos vai. Porque case todo o demáis que conta no post vén de non ter claras tres ou catro cousas básicas que deberan ter todos os políticos estampadas na fronte. Qué noxo, si.

Anonimo ha detto...

Celebro que se molle unha miga nestes temas no seu blogue, sr dos Piñeiraes.
Parafraseando a Reixa (cando era un resentido, na oposición): Somos currantes / somos bastantes / os que mandan agora / parecen os de antes.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

No meu caso será que ás veces chisco e nótase máis que sempre vou mollado.