Caxigalines nella Reguera'l Campizu

17 dicembre 2008

AS EÓLICAS

A concesión das industrias eólicas pode converterse, por torpeza política máis que por limpeza no procedemento, nun grave asunto do goberno bipartito, sobre todo cando xa está a lexislatura máis que rematada. O anuncio dunha data precisa para a decisión, próxima ademáis ao final do periodo lexislativo, a constante apelación á transparencia do proceso (inducida polas denuncias anticipadas do PP, pero amplificada sen vir a conto moitas veces), dificultan a normal percepción dun feito que non debería suscitar tanta polémica ou escándalo. A prensa non é allea a este estado de cousas, por todos os intereses (connivencias ou conflictos) que concorren dun tempo a esta parte en resolucións desta natureza. 
Vai ser case imposible saír con ben de todo isto: antes de pronunciarse o goberno, xa están tomadas as posturas. Pase o que pase (e eu non prexulgo xa nada), o pifostio xa está montado. A favor do goberno están as vacacións e o fin da exhibición mediática por peche de exercicio; en contra, a sensación inevitable (á vista destas últimas horas) de que todo isto (cunha chea de empresas por aí movilizando lobbys) puido facerse mellor ou de xeito máis intelixente.

Bernard Buffet sobre O soño/A orixe do mundo de Gustave Courbet.

8 commenti:

Anonimo ha detto...

Non sei por que pensaba eu que a orixe do mundo de Courbet era máis pilosa. Con tanto vento...

Anonimo ha detto...

Eu cro que debían dar as concesións eólicas o 28 de decembro.

Anonimo ha detto...

Home, Arume, diga o que pensa, non se me corte! Se fora o PP o goberno concesionario, xa teríamos aos corifeos do BNG e do PSOE, eses que agora están calados como petos, para poñelos a caldo, pero nesta situación necesitamos de xente coma vostede. Arrínquese por bulerías, home!

Anonimo ha detto...

¡Que se arrinque, que se arrinque!

Anonimo ha detto...

Personalmente estou moito dacordo coa idea de "nacionalizar" o vento e suxeitar a súa explotación a un réxime de autorizacións administrativas. Pero tamén temos que ter sentidiño á hora de outorgalas, e vixiar moi de preto ós "caballero de la industria" (no sentido quevedián, é dicir, ás espilidas persoas físicas que se agochan tras das xurídicas) que optan ó concurso. Por exemplo, para evitar que se poidan transmitir simples expectativas de dereitos aínda non consolidadas a terceiros con simple ánimo especulativo por parte de certos optantes, como xa está a pasar co negocio da enerxía solar en moitos sitios. Ou por exemplo, para que se executen na súa totalidade os plans industriais vinculados á efectividade da concesión por parte dos adxudicatarios.

A solución técnico-xurídica podería vir da man dun réxime moi estricto de rescate ou expropiación dos dereitos inherentes ás concesións en caso de incumplimento das condicións polos beneficiarios. O cal esixiría unha actividade de inspección e supervisión administrativa moi rigorosa por un numeroso corpo de técnicos incorruptibles e dunhas elevadas doses de valentía e civismo pola dos políticos á fronte dos órganos competentes.

Anonimo ha detto...

Aínda queren máis: non lles basta coa ilustración?
De todos modos, todo vale para que unha paráfrase sobre as palabras de Feij 009 remate nun dos octosílabos máis felices dos últimos anos:
"chapuza con cheiro a tongo". Non me digan que non é brillante? Busquen a esa xornalista. Xa.

Anonimo ha detto...

O de nacionalizar o vento (e outras moitas cousas) estaría moi ben (eu apúntome a nacionalizar o que sexa, en serio) se non fora que os tipos do(s) goberno(s) tenden a confundirse a eles mesmos coa nación, crendo que o vento é deles. E así nos vai.

bouzafria ha detto...

Penso eu que a cousa esta do vento non saiu tan mal como algúns presaxiaban. De todo o rebumbio destes días quédome cun par de apuntamentos: a perda de prestixio periodístico, irrecuperable, de "La Voz de Galicia" e a postura editorial de "El Correo Gallego" e dos seus columnistas principais (C.L.Rodríguez e Pousa) na defensa do BNG e contra PSOE e PP!
A aparición de Xornal de Galicia tamén da un novo interese ao mundo mediático-político na agarda do un de marzo.
Por outra banda, infórmolle, amigo Arume, que imos ter reposición de "Noite de Reis" en xaneiro no Salón Teatro de Compostela. Se lle prace, mantereille informado.
Bo Nadal e feliz aninovo.