Caxigalines nella Reguera'l Campizu

9 giugno 2010

BLASFEMIAS


Un funeral hoxe lembroume de que palabras está feita (ou desfeita) a doutrina cristiá. E como todas esas palabras, que poden (im)perfectamente contradicirse sen que un átomo dos feligreses (das feligresas, máis ben) advirta nada, están a anos luz (ou sombra) de min.
Causa espanto albergar ese delirio baixo a fermosa pedra labrada para crear a apariencia dun templo neoclásico e erixida para o abrollar de humus e liques: san Miguel, ese arcanxo que presidía o altar e que Lorca vía enseñando "sus bellos muslos/ ceñidos por los faroles", faría ben en envaiñar a espada flamíxera, en pregar as ás fatuas de ouro e apalabrar co dragón vermello do pecado unha orxía de pracer e lascivia.
Escoitar o viva la muerte que escoitei eu hoxe da boca do homiliante, dese tafur de plusultras, non pode, non debe quedar impune.

2 commenti:

Anonimo ha detto...

Una homilía absolutamente soez, lo que uno puede esperar de un curita que, además, es del Opus. Lo peor de todo es el estado de las pinturas de la bóveda, una pena.

pasaba por aquí ha detto...

Pois quedará impune. Como vén quedando impune desde que comezou a deconstrución do cristianismo con Constantino e o seu hoc signum vicis, e a endogamia intolerante do Contrarreforma e o medo á voz do Espíritu que teñen todas as xerarquías.

A Igrexa está morta e non pode xenerar máis que morte. Os crentes sobreviven como poden. Moitos só con medo. Moitos roendo a rabia que agroma entre os dentes cando escoitan as melopeas ruíns dos funcionarios do altar.

Supoño que POR QUE NO SOY CRISTIANO de Russell aínda pode valer.

Saúdos.