Caxigalines nella Reguera'l Campizu

10 giugno 2010

DOCES PRENDAS


Estes días de xuño, con esta chuvia que ás veces é orballo, parecen algo silandeiros. Na casa estudian as fillas os seus últimos exames e nós damos os últimos retoques ao curso. Mañán eu teño despedida e discurso de padriño, cea e noite de celebracións. Remata unha promoción, pequena en número, pero teimuda e xenerosa nos estudios, sempre agarimosa.
Esta auga inclemente que nos acompañou durante todo este ano vén agora a outorgar unha íntima melancolía a esta festa. Agardo que o bello solpor de todos os anos que encende o horizonte polo val miñor ilumine as hortensias azuis que aínda están por nacer.

1 commento:

Ana Bande ha detto...

Velaí outro que bota de menos as hortensias, mira que se estrañan...a ver se viñera un VanGogh rematar esta grisalla.