Caxigalines nella Reguera'l Campizu

5 giugno 2010

COINCIDENCIAS


Foi un momento glorioso. E foi de rebote involuntario. O discurso levou tempo e resultou emocionante. Ser amigo de Carlos Fuentes por unhas horas non está mal. Máis ben foi un pracer que permanecerá na memoria. Estes días a foto que ilustra o post corre polo correo.
O alucinante (descoberto por casualidade hai ben pouco) foi que houbo quen, dous anos despois, tomou palabras exactas dese discurso para celebrar a Bonet Correa, sen pedir ningún permiso. Non é que fose cousa orixinal o de dous anos antes, pero resulta de escritoras algo preguiceiras e sisadoras empregalo, baixo pel de pierre menard cutre e apandador, para outras circunstancias. Por non empregar eu outros adxectivos lindantes co penal.
En fin, aquí queda. Para que quede.

Nessun commento: