Caxigalines nella Reguera'l Campizu

28 giugno 2010

LITERATURA GALEGA EN KIEL


Ando cunha medio charleta para pronunciar ás beiras do báltico. Procurarei falar do espazo urbán na literatura galega de agora mesmo, sen irme demasiado lonxe de onte. Vou cos libros de CC, ILS, MC e IZ baixo o brazo para soster algo máis ca unha satisfacción lectora. Vou ver se cadro ou desbarato unha idea que me ronda. Terá que ver máis co balbordo das perforadoras por Policarpo Sanz que co silencio (acompañado do asubío mántrico das pás das turbinas eólicas) nos penedos do monte Caxado. Máis co tempo que fuxe para esta tarde que co persevera en lugs, lubres e lumieiras con espadas forxadas nunha idade de ferro permanente.
Na Hansa hei falar de urbes e orbes. Comilfó.

4 commenti:

DC = ? ha detto...

Se non interpreto mal as iniciais, CC = Carlos Casares, MC = Manuel Curros, etc. Home, "literatura galega de agora mesmo"... non sei que lle diga, don Arumes.

arume dos piñeiros ha detto...

Ten dous intentos máis, amigo dc.
Chosc é a palabra de verificación. Xúroo.

Anonimo ha detto...

CC: Carlos Casares

ILS: Inma López Silva

MC: Marcos Calveiro

IZ: Iolanda Zúñiga

Anonimo ha detto...

CC: Carlos Casares

ILS: Inma López Silva

MC: Marcos Calveiro

IZ: Iolanda Zúñiga