Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 giugno 2010

SAN XOAN SEN FESTA


Leo nun vitrasa que na noite de san xoan haberá transporte especial. Escoito as miñas fillas desde hai tempo contar os días que quedan para esa noite. A amiga ILS reserva cunha semana de antelación unha mesa para paparmos sardiñas ao aire libre. As familias que coñezo saen a tomar un xeado antes de achegarense ao Berbés a mirar as lumieiras, cacharelas ou foleóns da noite máis curta do ano. Cada un, na súa casa, ten o seu pequeno rito de celebración, máis ou menos solemnizado, para esta data particular.
Pois ben: a pesar de todo esto, desta celebración masiva (con esa novidade moderna entre a adolescencia e mocidade de invadir as praias a xeito de botellón monumental), as autoridades, ano tras ano, esquecen poñer o día 24 como día festivo e non laborable. Prefiren lembrar o santo ese carpinteiro, estrar fiuncho debaixo dun copón transubstanciado ou celebrar unha reconquista de nin se sabe, por nin se sabe, na que adoitan tirar a unha xentiña gabacha ao mar a base de gaitillazos (eu xa me botaba ao mar ao albiscar a sombra dos farrapos). Non quero pensar que fe e patrias merecen máis festa ca unha noite de desenfreo cárnico e sexual. Pero comezo a sospeitalo. A noite de san xoan é a festa máis importante de Galicia e Galicia sen a festa de san xoan.

Nessun commento: