Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 giugno 2010

NON Á LEI MORDAZA


NO BAVAGLIO DAY

Desde o 9 de xullo nada será coma antes no noso país. A liberdade de prensa, o dereito de expresión na rede, a eficacia investigadora dos maxistrados serán eliminados co voto na Cámara de Deputados, por unha maioría parlamentar ao servizo dun home, dun patrono, dun capo dunha casta de poderosos que durante estes anos estivo batendo sobre o corpo ferido da democracia, da Constitución e da legalidade, que nestes anos chupou os recursos públicos en favor de corruptos e corruptores, de mafiosos, de negociantes, de especuladores mentras os cidadáns, os mozos, os traballadores padecían a trabada da crise. Aqueles que rían a noite do terremoto no Aquila, aqueles que adquiriron unha casa con vistas ao Coliseo, aqueles que se repartían as comisións perxudicando aos empresarios honestos e burlándose dos cidadáns, desde o 9 de xullo dormirán soños tranquilos. Non poderán ser máis intervidas as súas comunicacións, nin siquera se delinquen. Non poderán ser siquera xulgados porque serán tutelados por unha lei que impedirá, desde o 9 de xullo, que os xornalistas e os usuarios da rede podan cumpridamente informar sobre os seus escuros negocios. E quen se trabuque, á cadea. Á cadea, os xornalistas; e os delincuentes, ao revés, na rúa, libres, protexidos por un esperpéntico dereito á intimidade que non é outra cousa ca un escudo para o poder. Esta é a Italia que queren. E esta é a Italia que nós non queremos.
Por eso pedímosvos a todos asinedes a nosa chamada e participedes na manifestación que terá lugar en Roma, o 9 de Xullo, o mesmo día en que se discutirá a lei na Cámara, o día da folga dos xornalistas aos que expresamos a nosa total solidariedade.
Os xornais, os sitios web, os blogs, as asociacións, as forzas democráticas que desexen adherirse á chamada, envíen un correo electrónico a fondatorenobday@hotmail.it
especificando no Asunto “adesione”
Il popolo viola, Liberdade é Participación
www.violapost.wordpress.com

Nessun commento: