31/08/11
A MESMA PELÍCULA DE WOODY ALLEN
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
16:47
1 comentarios
30/08/11
DESPEDIDA
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
22:59
0
comentarios
26/08/11
JULÍN
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
19:20
2
comentarios
25/08/11
O BERLUSCONISMO É UN FRACASO, POR GIORGIO BOCCA
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
11:58
1 comentarios
24/08/11
DOLCISSIMO FAR NIENTE
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
23:44
0
comentarios
23/08/11
CANTO MAL FAI FANTASYLAND
Nas últimas semanas asistimos a un interesante debate entre Umberto Eco e Eugenio Scalfari. Comezou o primeiro con Mentir e inventar, facendo notar como moitos letores de obras de fantasía tenden por un lado a consideralas como verdadeiras e por outra a non distinguiren entre as opinións do autor e aquelas dos seus persoaxes.
Seguiu Scalfari con Aínda que ficción é todo verdade”, rebatindo que a distinción entre verdade factual e ficcion literaria non é clara. Son dúas caras da mesma lúa, como demostran os influxos que teñen na vida real as obras imaxinarias de Manzonio ou de Goethe.
Concluiu Eco con Credulidade e identificación, lembrando como o poder da ficción deriva da súa verosimilitude de forma independiente da súa verdade. Noutras palabras, aínda que sexan literalmente falsas, as novelas dan unha lección literaria sobre a vida en xeral e sobre nós mesmos en particular. Se me permito terciar, como científico, no debate é solo porque semella que tanto Eco como Scalfari tenden a infravalorar o efecto deletéreo que doses enormes de ficción acaban por ter sobre o principio de realidade.
Tentemos recorrer brevemente as etapas de formación da psicose universal, creada polo persuasivo e invasivo mercado da ilusión. Tan pronto como os nenos adquiren o uso da palabra e comezan a facer preguntas sobre como naceron, aparecen as respostas idiotas que van desde os repolos ás cigoñas.
Cando entran na gardería, comezan a recebir os rudimentos dunha visión máxica do mundo poboada por anxos e demos, miragres e castigos divinos, silveiras ardentes e nubes parlantes, cegos curados e mortos resucitados, que será proporcionada na hora de relixión de todas as escolas.
Nestas mesmas escolas, tamén serán impartidas ensinanzas literarias e filosóficas do mesmo tipo, desde os deuses homéricos da Ilíada e da Odisea á esquizofrénica voz do daimon socrático, aos reinos do máis alá da Commedia dantesca, aos delirios idealistas de Hegel e Croce, ao lema nietzchiano de “non hai feitos, só interpretacións”.
Paralelamente ao doctrinamento escolar, o triple mercado literario, cinematográfico e televisivo inunda ao público con historias irreais ou máxicas, desde a saga do Señor dos Aneis e de Harry Potter ás das guerras estelares ou do Robert Langdon de Dan Brown. Por non falar das ficcións televisivas, sagradas e profanas, que ocupan a pequena pantalla.
Este mercado está sostido por miles de recensións, intervencións, discusións e entrevistas que saturan as páxinas da prensa e dos programas de televisión. Este constante tam tam aparece presentado como información cultural, pero constitúe en realidade un paralelo mercado publicitario que vive do precedente e o axuda a difundirse capilarmente.
O primeiro resultado desta estratexia é unha sociedade que non vive da e na realidade, senon inmersa na ficción xeralizada. Sorprenderá que, afeita ás fábulas de contacontos, a sociedade remate por convertirse en fácil víctima dos contacontos, políticos ou relixiosos, que existen? Estes, no fondo, perseguen os mesmos fines cos mesmos medios, incluso contando ademáis as mesmas historias.
O segundo resultado é unha sociedade que non coñece a realidade nin lle interesa. Hoxe calquera escritor ou actor de todo a cen, por non falar dun de millóns, recebe máis atención e lectura que calquera premio Nobel. E as continxentes e superficiais invencións do primeiros agochan as necesarias e profondas descubertas do segundo.
É necesario disfrutar das novelas, das películas e da televisión cum grano salis. Esto é: como pequenas pizcas para botar sobre o prato forte da ciencia, coa idea de dar sabor á vida. Quen polo contrario pretende alimentarse só de sal, non permanece sano por moito tempo e moi axiña morre de fame intelectual. Coma estamos a facer nós agora mesmo."
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
20:58
2
comentarios
OUTRAS ITALIAS, TAMÉN FERMOSAS
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
17:19
2
comentarios
21/08/11
A BICICLETA
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
19:24
4
comentarios
MULLERES EN ITALIA
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
18:10
0
comentarios
20/08/11
HM ENZENSBERGER
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
12:36
2
comentarios
Etiquetas: ITALIA
AS ITALIAS
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
12:08
0
comentarios
01/08/11
VERÁN DO NORTE
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
20:26
1 comentarios













