Sen saír do barrio, a unha mazá de casa, na rúa Porto, atópase La Pepita, un burger bar, hamburguesería para entendérmonos, de categoría superior. É relativamente novo este restorante, aínda que xa cumpre anos, creo. Desde que abriu está sempre cheo. Dificilísimo atopar oco a partir das dúas nas fins de semana (ás veces faise imposible) e con agardas breves de diario. O servizo, para empezar, é fantástico, tanto en camareiría coma en puntualidade dos pratos. As hamburguesas (de dous tamaños case todas) son extraordinarias: anoto as que eu tomo de forma regular, a rianxeira e a sorrentina, que son inigualables. Con permiso da potente hamburguesa do Picadillo, as mellores que tomei nunca. Non son eu de hamburguesa, pero gracias a estas mudou a miña percepción de tal xantar. Acompañan unhas patacas ben xeitosas ou mandioca frita. O postre, brownie ou xeados de froitas tropicais, e mais o café (ristretto) son excelentes. A experiencia, se sodes quen de atopar mesa, é marabillosa.
4 commenti:
Deberían abrir sucursais, é sinxelamente excelente!!
Muchas gracias en nombre de todo el equipo de la Pepita. Un fuerte abrazo!
As gracias sempre deben ser dadas a quen se dedica a oficio tan fundamental como é dar ben de comer. Se ademáis é excelente, un ten case a obriga de proclamalo.
Xa teñen, doutro xeito planteadas: o Amordiscos da rúa Real.
Posta un commento