Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 luglio 2007

XOSÉ RAMÓN IGLESIAS

O programa Camiña e coñece do Concello de Vigo comezaba hoxe cunha visita ao Casco Vello. Non teño datos moi precisos sobre o programa, pero váleme saber que o guía é Xosé Ramón Iglesias, unha eminencia, para declararme devoto. Eu tiven a sorte de facer un recorrido semellante con este excelente mestre e podo dicir que foi unha auténtica marabilla e iso que só deu tempo para saír da rúa Real e chegarmos á Porta do Sol. Noraboa aos patrocinadores por pensaren en Moncho para tales tarefas. Un luxo para Vigo.
Actualización: a breve introducción de X. R. Iglesias pode consultarse na páxina web do Concello, hoxe considerada en EL PAÍS a cuarta de todas as páxinas webs municipais españolas, con Javier Albertos, o noso admirado, como promotor principal: http://hoxe.vigo.org/pdf/cultura/camina.pdf

2 commenti:

Ana Bande ha detto...

Mágoa pasóuseme esta cita, co ben que me viña neste estado de case enaxenación mental no que me atopo....

Mario ha detto...

Non me viña mal, se non quedase tan lonxe. Vigo sempre me pareceu un caos e un labirinto moi difícil de percorrer (e iso que teño atopado a estación de buses en estados realmente lamentables).