Caxigalines nella Reguera'l Campizu

22 gennaio 2008

A REAL ACADEMIA GALEGA EN VIGO

Fermoso cartaz (que agardo atopar estes días para poñelo) o que orna hoxe unha esquina próxima á miña casa anunciando, para o vindeiro sábado 26 de Xaneiro, no Auditorio do Concello na vella reitoría da rúa Areal, o primeiro acto de homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez. Trátase da lectura do discurso de entrada na Real Academia Galega, titulado Cantares e romances vellos prosificados, na voz do seu fillo Xosé María. Se non é imprescindible invitación, alí estaremos.

Un saúdo e un ánimo moi especial a don Isaac, a quen non tiven nunca a fortuna de coñecer en persoa nin ver de perto e a quen hoxe nin siquera lle gardan o merecido e xusto respecto.

Ilustración: Santa Maria della Salute, William Turner (Tate Gallery, 1844)

Nessun commento: