Caxigalines nella Reguera'l Campizu

7 marzo 2010

O PARAÍSO EN CASA EMILIO DE CATOIRA


Miles de séculos de civilización (non ando eu con contabilidades: cunha cantidade enorme xa me vale) para atopar o ónfalos, o umbilicus mundi, o aleph, a cadratura do círculo, o walhalla, o santo grial, o uróboros, o velo de ouro, o ying e mailo yang, o bálsamo de fierabrás, o paraíso, o janah, a arca da alianza, o hortus conclusus, o shangri-la, o dourado, os campos elíseos, o maná, o ceo, o orgasmo tántrico, o mandala, a hostia en verso e vai estar todo isto e nunha soa tarde, case nun par de horas que durou a enchenta, na Casa Emilio de Catoira entre as tres e as cinco da tarde dun 6 de marzo de 2010.
Dos detalles do momento dará conta no futuro unha oportuna e limitada lenda. Polo de agora sírvanse constatar a efeméride.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Mira Arume que teño eu discutido aquí en Vigo cos esencialistas da lamprea miñota, cos negacionistas de outras lampreas! Na Terra de Iria tamén hai lamprea, tamén se pesca e tamén se sabe preparar: a lamprea do Ulla. Agora, despois disto, só che falta probares outra receita se, como mostra a imaxe, na Casa Emilio de Catoira a probaches á bordalesa: a empanada de lamprea. Xa chegarás tamén a iso. Non teño dúbidas de ti nin do paraíso ese que tanto buscas arrastreándote, de pecado en pecado, por este valle de lágrimas.
Unha aperta.
Anxo

arume dos piñeiros ha detto...

Non quixera eu por nada do mundo decepcionar a estes anxos do ulla, pero a lamprea era miñota. Tíñanas dalí pero eran pequenas.
Pero eu dou fe que como a fan no Emilio en ningures.
A empanada seica agarda por min nalgún sitio deste lacrymarum valle.

Anonimo ha detto...

Mira que es...!
E non podías estar calado?
O teu é unha traiduría. E eu que ollaba un camiño de redención e de verdade. Agora, agora a seguir agüentando a estes fanáticos.
Que crus, que crus, Arume, neste valle de lájrimas! De lájrimas nejras coma os teus pecados!
Ca! Non te vou levar nin guiar ó far west culinario da empanada da chupapedras!
Anxo