Caxigalines nella Reguera'l Campizu

27 febbraio 2007

GÚSTANME OS OSCARS


Di o New York Times: "The victory of “The Departed” at the Oscars on Sunday night represented many things: fair tribute to Martin Scorsese, recognition of the movie’s brute force at the box office, and an acknowledgment that stars not only make movies, they make the movie". Non sei, pero Martin Scorsese, un dos grandes (impagable a súa imaxe tras o pano do esceario mentres falaba o productor da súa película), mereceu hai tempo oscars a mazo. Quizáis non era a súa mellor película, pero non estaba mal: ou sexa, moito mellor ca calquera filme deste derradeiro ano.
En todo caso, eu teñoo claro: eu de maior quero ser coma George Clooney.

5 commenti:

Anonimo ha detto...

Que Martin Scorsese merecía un (cento de) Oscar é indiscutible, como o feito, ben sinalado, de que esta película non é, nin de lonxe, das mellores que teña feito.
Outra cousa: cada ano que pasa ese tipo vai collendo máis pinta de mafioso, o que non sei se é xenética ou intencionado (podería pasar polo irmán maior de De Niro en Casino).
E outra cousa máis. Ti querendo ser coma o Clooney... Hai que foderse. Qué é o que ten o Clooney ese que non teñas ti? O único, enrugas e bolsas nos ollos, e segundo parece xa as operou...

Anonimo ha detto...

Onte vin Internal affairs, a película na que se "basea" (un dicir) a peli de Scorsese. Sinto decilo, porque Scorsese é un grande, un xenio, pero deberían darlle o premio ao millor guión adaptado, porque non é que se basee: é copia exacta do orixinal. E, se non fora por Di Caprio, a quen por certo hoxe Elvira Lindo entrega a súa alma de (perspicaz)espectadora, e por algunha parvada do Nicholson, a película hongkonquesa (ou así) do ano 2002 (que manda truco para o remake) de Wai Keung Lau e Siu Fai Mak é moito mellor.

Anonimo ha detto...

Arume, vas espídico!Non teño tempo de comentar tantas cosas como dis. Pero non podo deixar pasar a gala dos oscars de valeiro. Serei breve:
O MELLOR :a espléndida madurez de Diane Keaton e Helen Mirren (elegantes como raiñas).
...A apolínea beleza de Leo di Caprio (meu deus!!!)
O PEOR: Peter O'Toole convertido por arte do bisturí no pai de Michael Jackson.
...O aspecto de bolo inflado de botox da Deneuve (peccato!!!)
OS MAIS GLAMUROSOS: a parella Cate Blanchet (de Armani, of course) e Clive Owen.
OS MAIS FEOS: Benicio del Toro, lobisome revivido.
...Cameron Diaz, mais preto de Sreck que da princesa Fiona.
O MAIS ENTRAÑABLE:ver no esceario as catro cabeciñas de algodón (Spilberg, Lucas, Coppola, Scorsese)que mostruos!!!!!
E remato coa xenerosa e magnífica beleza de Queen Latifah moi lonxe do "pau de virar tripas" de Nicole Kidman.
A nosa Pe, divina, coma sempre.

Anonimo ha detto...

Benquerido/a Paradiso: concordo con vostede en case todo. E digo case, porque para mín a mellor peli da segundo vostede divina Pe foi aquel video de Mecano. A partir de aí a sua carreira caeu en picado. Eu debo de ser do 20 % restante, coa estadística de Almodóvar sobre os heteros amantes da Cruz, que non suspira polo Peito de Pe.

Anonimo ha detto...

Palmarés
01.03.2007
BIEITO IGLESIAS
Na madrugada do pasado luns, moitos cinéfilos prolongaron a vixilia endeica as seis da mañá para seguiren ao vivo a entrega das figuriñas de Hollywood. A aquelas persoas refractarias á mitomanía, máis amigas de pegar no sono que do glamour da alfombra vermella, halles parecer absurdo ese interminable desvelo, pero máis lobada me parece a min mougar 40.000 filloas como fixeron en Lestedo o último domingo. Cada louco coa súa teima e cada chaga coa súa postema.

Penélope Cruz non levou un Óscar e sofre por iso o patriotismo constitucional, no entanto eu peno porque Scorsese obtivo un galardón retrospectivo (por Touro selvaxe ou Taxi-driver) preterindo a Eastwood coas súas Cartas des- de Iwo Jima.

Tamén me amolou -aínda recoñecendo os méritos de Helen Mirren no arremedo de dúas raíñas inglesas- que non premiasen como mellor actriz a Kate Winslet ou que, nesta edición, non figurase entre as nominadas Jennifer Connelly. A primeira reúne sobradas virtudes interpretativas para coroarse princesa do celuloide (en dura competencia con Cate Blanchett, á quen a Academia lle negou o Óscar como máis destacada secundaria) e, por parte, encarna un modelo feminino vigoroso e delicado á vez, con ese seu temperamento levantadizo e ese rostro que lembra as madonnas da pintura renacentista. Aínda por riba insinúa certa tendencia a engordar, reconstituínte nestes tempos de mulleres-percha a desfilar nas pasarelas.

No tocante á Connelly, estes días presente nas pantallas cun filme de temática diamantina, ela representa o lirismo, o cinema-poesía feito de momentos sublimes antes que de tramas. Baste evocar aquela escena de C´era una volta in America en que un rillote (con el tódolos espectadores) guicha por un ventanuxo, espiando a unha Jennifer nena que ensaia pasos de baile acompañada por un magnetofón no que soa unha versión de Amapola.

Que tal éxtase fose filmado por Sergio Leone, director de spaghetti-western, constitúe unha gozosa ironía. O seu músico de cabeceira, Ennio Morricone, saíu xustamente aclamado da gala. Congra- tulazione.