Son estes días de volta cando as nosas rapazas Erasmus marchan. Son días de despedidas e de desexos de boa sorte. Aparecen polo teu despacho para que lles asines as follas de matrícula (aínda que eu non teño tal competencia) e aproveitan para comentaren, cunha confianza insólita durante o curso, as súas intencións, os seus pequenos temores, as súas esperanzas, entre calculadas e insospeitadas. Agradecen calquera palabra de ánimo; quedan de pe na porta coa última frase. Eu levántome, vou onda elas e acompáñoas (porque son todas mulleres) un pouco polo pasillo e polas escaleiras. Xa abaixo despídome cunha nova verba de afecto. Velas marchar polo vestíbulo coas amigas que tamén van, como elas, a un país que descoñecen. E teño que recoñecer que a envexa e unha íntima satisfacción xúntanse mentres regreso ao meu despacho. Tempo, pois, de Erasmus propias. Tempo de tristes adeuses e, sobre todo, de emocionantes horizontes.
Nota: tratarei de seguir a liga de segunda división de baloncesto feminino de Inglaterra: no Newcastle xogará unha alumna nosa.
Ilustración: E. Baamonde.
3 commenti:
e cantas delas quedarán co corazón ancorado alí onde vaian.
O programa Erasmus seméllame que é o maior axente de intercambio amoroso entre os paises de europa.
Pobres pais...
O meu erasmus era visitar os meus pais en Munich.
Certamente occam, pobres pais
Sr. Occam ten toda a razón. Seica van cambiar o Erasmus polo Orgasmus. Para o ano.
Posta un commento