Ambientazo. Cheo ata o último chanzo do salón de actos. A cafetería ateigada de xente nova, cos seus ordenatas e os seus berros de recén chegados. Os pasillos repletos de persoas que miran os cartaces, os horarios na cortiza. E por riba de todo a ledicia contaxiosa de persoas que comezan: apertas, bicos, risas, sorriso inacabable. E nervios, moitos nervios. E iso que aínda están por chegar os orgasmus: cando aparezan (a vindeira semán ao completo: non hai entradas) outra vez renovaremos ese balbordo que primavera os outonos.
2 commenti:
Cómo o envexo Arume, que aínda se apasione co comezo de curso.
Os que xa non escomenzamos nada, ollamos o mediodía lentamente.
¡Que bo que lle guste!
Posta un commento