Ando moi elocuente estes días: faime falta, que teño que preparar unha conferencia para o vindeiro martes en Pontevedra. Pero trato de centrarme nas miñas obrigas inmediatas e os ollos e o corazón, aínda no Mediterráneo, fanme escribir de seguido sobre Italia. Na Gazeta Nación seguen coa xenerosidade, e a paciencia, de publicar as miñas reflexións sobre a política italiana. Son os meus primeiros artigos sobre tal cousa e ademáis en serie, porque non pode ser doutro xeito. Os dous primeiros, sobre o novo Partito Democratico que ten previsto convocar á esquerda moderada (e non tanto) italiana. Teño que poñerme ao meu, pero vaiseme, vaiseme á cabeza para outro lado.
Na foto, Arume baixo os piñeiros que perviven dunha antiga vila fenicia.
3 commenti:
Francamente, os artigos son ben interesantes (como ves, tamén recibiches unha felicitación de Iván Puentes, o alcalde máis novo de Galicia). Eu só lera un par de cousiñas sobre o PD a raíz dunhas declaracións de Maragall nas que avogaba por crear algo semellante en Catalunya
Si, ao chegar eu de Italia foi o primeiro que atopei nun xornal de Catalunya. E foi quizáis o que me empuxou a escribilos. O próximo sobre a dereita que tamén anda con estas cousas, na percura do que eles chaman o bipolarismo.
Non se preocupe, Arume, pola conferencia. Que co que sabe do tema, vai, chega, fala "inprovisando", e triunfo apoteósico asegurado.
Posta un commento