Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 settembre 2007

EFERVESCENCIA MUSICAL EN VIGO


Hoxe vou falar do que non coñezo, pero que intúo. A información indirecta venme por vía da miña filla, engaiolada, coma moitas da súa idade, pola música, eso sí nas vertientes máis anglosaxonas. Anda estes días de concertos nocturnos. Onte foi no Castro; hoxe, no Contrabajo, na rúa Venezuela. É noviña, pero o curioso do choio é que vai ver a xente da súa idade (uns 16 anos, colegas seus de clase) tocando en directo. Onte eran As de picas e hoxe Basta de fingir. Fun buscala onte a noite e puiden ver, na pista de patinaxe onde comezou case a andar, cómo os xóvenes de Vigo se reúnen ao ar libre para escoitar música duns rapaces que aínda teñen dificultade para achar pelos na barba ou rapazas que hai pouco viron medrar o corpo. E, ao parecer, eran e son varios grupos os que tocaban: eu sospeito que non hai hoxe raparigo ou rapariga que non cante nun grupo do que sexa. Que poderá saír de tal efervescencia, por agora recluida entre as arbres do parque, pero pronta a ocupar os centros das nosas vidas?

10 commenti:

Anonimo ha detto...

Amigo Arume, estou interesasísimo no ambiente musical Vigués, gostaría de escoitar eses grupos, se me pode dicir como en internet, estaríalle moi agradecido. Sei que o ambiente concéntrase pola praza de portugal, teño ído por alí, pero os meus oidos xa non aguante os watios do directo. En Vigo paréceme amin debe estar a maior expresión musical do país

Zerovacas ha detto...

vigo leva décadas concentrando a máis rica actividade cultural de Galicia, moi nomeadamente a musical. Gusto moito de The Blows, uns rapaces que deben andar polos 20 anos, pero que xa tocaron este ano en Paredes de Coura

Fada Branca ha detto...

Eu non se que dicirche, os rapaces son diferentes en cada tempo pero o mesmo iguais, Cada tempo ten a sus inquietudes o que ten que dar que pensar é porque todo o mundo segue a inquietude de moda?¿¿ Aqui deixa este comentario unha nova inquilina deste mundo de blogues. Ten vostede unha invitación formal o meu berce.

Anonimo ha detto...

Na pista onde comezou a andar en bici...onte foi a un concerto.Ay! Arumes Carpe Diem!!!!!

Anonimo ha detto...

Foi boa casualidade que hoxe o Faro tratara precisamente o tema: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3115_2_164132__Gran_Vigo-Todos-quieren-Ivan-Ferreiro.
De feito, animo á miña filla (tal vez pola ilusión incumprida pola miña parte de ser cantante dun grupo de rock) a participar, pero aínda non deu o salto.
Non lle podo dar moita información, amigo Jimy, porque como dixen teño información indirecta e non son quen de abarcar todos os datos, pero comprométome a poñer outro post cos engarces de música en Vigo: pedireillos á miña filla.
Zerovacas: o post ten que ver cunha impresión, porque da clase da miña filla, poucos hai que non toquen algún instrumento (musical, claro está) e que non participen nun grupo. Non todos nin todas, por suposto, están chamados ao talento, pero non cabe dúbida que entreteñen o seu tempo tentando chamar ás portas do ceo.
Fada branca: benvida a este blogomillo cada vez máis extenso e rico. Ha comprobar que a forza do galego ten aquí os seus bastións inexpugnables.
Lula: por fin deixou ao seu Sailor para adicarme unhas palabras de alento. Eso que di é lei de vida, pero de novo a casualidade incrementa o efecto.

Anonimo ha detto...

Jimy de Rairo: o concello (non sei que partido comezou con esto, pero durante o mandato de Corina mantívose con certa frecuencia) programa ou deixa aos rapaces tocar no Castro ao ar libre os venres. Acuden os rapaces doutros grupos, pero forman un ambiente moi interesante que máis axiña que tarde chegará a eses lugares que cita e despois, se houber interés por parte das programacións radiofónicas, a toda a xente. A ver se rematan coa dictadura dos corenta principais.

Anonimo ha detto...

Grazas Arume, teño que pasarme polas tendas de música de VIgo, quero escoitar algún grupo que me suxira historias viguesas. Historias duras, de música que exprese toda a dureza-indolencia urbana que os xovéns poden vivir en Vigo como en ningún outro lugar de Galicia.

torredebabel ha detto...

eu non sei qué sairá diso, pero penso que -con algo de sorte- un feixe de músicos moi bos e moitos profesionais que daquí a pouco lembrarán esas noites das que vostede fala como os seus tempos de xuventude (como tamén nós facemos ;-) ).

Anonimo ha detto...

Xa coñece a frase,creo que de Jobim: "o país que consume a súa propia música,non te problemas de identidade".Cambiade "país" por "cidade".

Xaime ha detto...

Onte, con ocasión de celebrarse outra xornada do "Pazo das Musas", que con tanto esmero dirixe o escritor Antonio Reigosa no Museo de Lugo, ollei e escoitei por primeira vez a Keep Going, que se expresan en inglés, dos que xa me falaron os meus fillos, xa que algún deles e amigo, e trátase dun quinteto, bateria, baixo, teclado e dúas guitarras, e gustarónme, sobor de todo dúas pezas que acompañaron a representación teatral dos SMS URXENTE.
O que me asombra e a cantidade de material que teñen e que nós cando eramos novos conseguir unha batería, ou un hammond, era case imposible, xa non digamos un amplificador que reproduxera fidedignamente o que tí facías.