Caxigalines nella Reguera'l Campizu

10 febbraio 2008

MAÑÁNS COMO LABIOS


As terrazas estaban expostas ao sol de mediodía, cos ollos postos no mar de Frades e ao fondo mirábase a illa da Toxa e o monte ogrobense da Siradella. O mar era un espello brilante no saco de diante de Tragove. A poderosa luz, case insoportable, convidaba á preguiza e á conversa cordial entre os amigos. Había "cacciuccia" en casa de Anabel e de Eduardo. E, con ela, todo o compango multicolor do cocido. Non son entusiasta de tales condumios (son, de ser, de chícharos, chourizo e un pouco de morro), pero a paixón dos demáis conmóveme sempre.

Eu era o encargado dos viños ou do viño. E para iso reservei o último instante para compralo no bar-vinoteca Ribeira de Fefiñáns cheo ata a bandeira de xentes tomando o vermú: o meu paisaxe preferido. Alí estiven negociando un magnum López Cristóbal co dono, Jose, un excelente sommelier que sempre aconsella con prudencia e cariño, moi lonxe da imaxe (que eu teño) dos entendus de vins que miran por riba dos ombreiros.

Collín a miña botella de litro e medio e saín do bar. Aspirei a calor que viña do mar, pechei os ollos e respirei profundamente para disfrutar aquel instante único, embebido completamente desa especie única que é Cambados unha mañán primaveral de domingo.

[Espero que os meus amigos cambadeses non digan que dou sempre unha imaxe de vivircomodios (sic) con estas entradas blogueiras: fágoo sempre por puro didactismo filantrópico].

6 commenti:

Nuca ha detto...

bonvivant

Anonimo ha detto...

Así se vive.

Anonimo ha detto...

Tipical pequena burguesía :-)

Xaime ha detto...

Delles moita más envexa, e conféselles que facía un día de verao, aínda que mellor que un cocido, unhas fanecas ou unhos rapantes como os que caeron no Carreiro.

Anonimo ha detto...

Occam: as cousas sinxelas da vida: viño, amizade e ...
Peke: esa ría que vostede mira desde o outro lado é unha das marabillas da Terra.
Apicultor: outro día lle gardamos o rabo.
Xaime: no Carreiro, meu, alí foi onde aprendeu a miña filla a camiñar. Esas son palabras maiores, pero as fanecas xa están en sazón?

Anonimo ha detto...

Paséi nesa cidade moitos fins de semana, por motivos que creo xa especifiquéi nalgún momento. Este post lémbrame unha das miñas aficiós preferidas daquela: disfrutar das mañás soledas da Ría atravesándoa no barco hasta Cangas. Tomar unha cerveza nas terrazas que dan ao porto.Botarlle as patacas fritidas ás palomas.Voltar. A luz, na miña mente, tal e como a descrbe Arume d.p.
(Por certo, pillárame nuha daquelas escapadas o tumulto entre policias e manifestantes, cando fora do "caso Pena").