O terremoto Besbelliña (aka Beliscos pequenos) anuncia a saída á rúa do Proxecto Identidade, un libro colectivo no que participan o máis eminente do blogomillo e máis un servidor. Haberá que mercalo (preciosísima portada) e agardo que sexa o bestseller deste ano en Galicia. Ou sexa: xa sabedes.
12 commenti:
Parabéns aos autores co meu desexo de que se venda ben.
Ora ben, non prometo a priori mercalo, pois antes terei que botarlle unha ollada para ver se paga a pena o investimento dos 30 euros. As cousas como son.
Xa está na rúa? Eu prometo mercalo, mesmo sen botarlle unha ollada previa. Qué carallo importan 30 miserables euros a carón dunha amistade, anque sexa internáutica!. O gasto de cartos que me produce placer é o dos libros. Os outros gastos, é porque non queda máis remedio. Son necesidades, non placeres. Si logo o lbro está ben, tanto mellor.
É que eu ténolle moitos gastos en libros, XDC, e teño que facer como o rei Salomón co meu parvo salario. Non me queda outra.
En euros son 23. O que nos puxo o señor Arumes é a páxina do precio en dólares...
Ten razón, amigo Apicultor, nesta vida todo é "la administración de recursos escasos, idiota!".XDD.
Eu tampouco podo mercar todolos libros que quixera. Consólome pensando que, así e todo, compro máis dos que ,de facto, dou lido. Agora vou aprendendo a acoplar o ritmo de compra ao verdadeiro ritmo da leitura, pra non ir forzado nesta última.
Pero eses 30, ou 23 euros...xa estóu desexando gastalos. Quéimanme no peto. Xa os teño físicamente afastados do resto dos cartos. En moedas de a un euro. Escollidas,unha por unha, de xeito que as súas "cabezas e rabos" (é como lle chaman en ingés ás caras e ás cruces,faime graza)representen a un máximo de países da nosa rexión económica. D
(Diseño complexos rituáis preparatorios cando se trata de mercar libros aos que lle teño ganas).
Vale, xa me convenceu. Encárgeme un pra min, señor libreiro.
Hai libreiros curiosos. Vóulles contar un caso: cómo lín o meu primeiro libro de Tabucchi, fai xa bastantes anos.
Estaba eu botándolle unha ollada aos libros dunha librería galega,pero non de Ourense.Tiña xa na man o que decidira mercar. Nesto, o libreiro ponse a falar conmigo, xa sabedes, se me pode axudar, etc. Ao cabo dun anaco ,xa estábamos discutindo apasioadamente de libros humanos e divinos. De repente, pregúntame: "Líches algo de Tabucchi?". Respostéille que non. "Pois logo, deixa ese e colle este outro", engadíu. Era "Sostiene Pereira". Quedéi un pouco sorprendido de que me recomendara un libro máis barato que o que xa tiña na man. Levéino, pensando pra mín que era un libreiro pouco negociante. Anque quizáis non: rematado aquel faltóume tempo pra mercar varios máis do mesmo autor. Xa o calculara o libreiro, seguro, pero saéulle mal a xogada. Esquecérame de comentarlle que estaba de paso, e os seguintes non foron mercados no seu establecemento, senón na miña ourensá librería favorita.
Cal é a súa libraría ourensá favorita? É por se un día paso por ela.
Sempre foi "Tanco". Pero agora quédame a desmáu, desde que se trasladóu, e merco moito máis na "Librería Internacional", na rúa Capitán Eloy ,esto...glups!...perdón...rúa Concordia.
O señor Arume terá que desculpar que entre na súa casa sen chamar, mais quería que explicase algo sobre ese a priori fascinante proxecto identidade.
Gustei inmenso do relato sobre as brasileiras dos Mallos.
Grazas, amigo Arume. Teño inmensa vontade de ler a súa participación no libro.
tamen se poderá descargar de balde na páxina da Regueifa http://www.aregueifa.net/
Ogalla, como ben dis, se comvirta nun superbendas, pero é algo que duvido moito :) Saudos
Posta un commento