Caxigalines nella Reguera'l Campizu

6 marzo 2008

RURRÚ EN VIGO

Onte foi un día moi especial: coñecín in person ao grande Rurrú. Funlle á súa charla divertidísima na Escola Superior de Arte Dramática a carón do peirao en Bouzas e puiden ver durante dúas horas como logrou engaiolar aos asistentes coas súas saídas e, sobre todo, coa súa vitalidade contaxiosa e iconoclasta. E iso que, con esas doses do actor que tivo e retivo, engañou a todos coa idea de que estaba a falar en público por primeira vez. E con mocos impostados, para dar pena. O caso é que foi unha ledicia. Coma a de atoparmos (no local de referencia da onte creada (de)xeración room loungebar) con outros blogueiros/as e xentalla da creación galaica (non imos dicir nomes, Inma). Aló estaba, entre outros colegas (que aínda non ousan darse a coñecer) e achegados, Anabande, a fan nambergüan de R.R.; o impresentable navalleiro de Occam, explosivo e obsceno; a seductora Lula Fortune que quentaba Vigo la nuit e o que puidera iluminar cos seus ollos; e un servidor (e servido) nunha soirée inesquecible, de risas, animaladas e promesas de repetir. Amigo Rubén, triunfache. Moitas gracias.

6 commenti:

Ana Bande ha detto...

Inesquecible día e destenillante noite. Grazas a vostede Arume.

Zerovacas ha detto...

Menudo grupo se xuntou en Vigo!

R.R. ha detto...

Mimá, Zerovacas, non o sabes ben. Estou por volver esta semana, pero agardarei a sacar fóra o moco. Logo non perdoo.

As gracias para vostedes todos, señor Arume. A foto, por certo, espectacular. Co seu permiso, creo que vai ser o meu novo avatar. ¡Qué dramática iluminación! ¡Qué expresionismo! (Que ben o pasei)

torredebabel ha detto...

non sei se é verdade que hai unha envexa "da boa" pero sexa da boa ou da mala, eu quedo con moita envexa logo da lectura desta crónica. ;-) Apertas!

besbe ha detto...

o mesmiño ca torre de babel...que vou dicir.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

A verdade é que tanta enerxía produce cataclismos de risas difíciles de medir en escalas richter. Foi unha noite única. E iso que o amigo RuRrú aínda tiña que chegar a Oza from the rivers. O azpilicueta foi o culpable.