Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 marzo 2008

SEMANA SANTÍSIMA: SÁBADO DE PAIXÓN

O sábado de paixón comezou de forma austera por terras zamoranas, en Calzada de Valdunciel, no Restaurante El pozo que, coa fondura modesta do menú do día (sopa castellana, costillitas de cordero), preparaba para outros ágapes. Tan pronto como deixamos as albardas cabe o río Tormes, engalanamos os pasos co propósito de lucir esplendorosos para o día seguinte. Con outro cofrade da solaina, un apicultor familiar, apuramos uns cafeses no novelty e rezamos unhas pregarias polo ben de chanfainas e chacinas. Despedímonos no frío da praza maior e continuamos o noso labor preparatorio nas cavernas do Bambú, acrisolado figón subterráneo onde sobresae un inconfundible arrecendo a láminas entreveradas dun dos máis bellos animais do amplo mundo: o cochino ibérico. A penitencia foi durísima e iso que nin siquera comezara os días grandes do vía crucis. A Real y Antiquísima Hermandad de la Preciosísima Sangre de Nuestro Salvador Jesucristo merecía unha botella de Ribera (así, sen apelidos) para que o tormento fóra aínda máis poderoso. Así o fixemos. O que pasou despois, nas ribeiras do Tormes, perto das mancebías da Celestina, será mellor calalo.

7 commenti:

Anonimo ha detto...

E logo os cofrasdes ,disfrutaron da vista do Jerte?. O apicultor pudo ver os cereixos en flor?.
A botella ...tamén podía ser de TORO, XA QUE ESTABAN NA TERRA.
Eiquí..pois na RIA, apurando un OLLOMOL...BOÍSIMO.
Trebi

Anonimo ha detto...

Estiven toda unha mañá polo val do Jerte, amigo Trebi. Os cereixos comezaban a estar en flor, pero aínda non acadaran todo o seu esplendor.

Trouxen, ademais de mel e outras lambetadas, unha botelliña dun típico licor dalí que está ben bo. O curioso é que fun vendo ao longo da miña viaxe esa botelliña en moitos lugares e, segundo fose onde se comprase, o prezo da mesma podía oscilar entre os 7.50 e os 12.50 euros.

De Mérida trouxen viños, pero non o Lar de Lares que me recomendou Arumes, porque na tenda onde o vin non tiñan estoxos para levalos, e non me arrisquei a que racharan polo camiño.

Por certo que en Salamanca tomei unha copa do viño de sobremesa (postre) máis rico que probei nunca: Oremus, feito en Hungría. Único, incomparable, inenarrable.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Faga, amigo Apicultor, crónica da súa viaxe. Cédolle gustosísimo un espazo para as súas impresión que han ser moi envexables.

Anonimo ha detto...

Foille, en emilio privado, un texto sobre parte da viaxe. Se ten a ben, pode publicalo.

R.R. ha detto...

Qué vida dura! POis eu de saber que ían alá polas terras estremas e duas recomendaríalle que mercasen un viño que se chama "Monasterio de Tentudia" e que aínda non esquecín despois dalgúns anos sen volver por alá...

R.R. ha detto...

Duras, non "duas"

Anonimo ha detto...

Los Cigales y Cebreros no están tampoco nada mal.......