Caxigalines nella Reguera'l Campizu

8 marzo 2008

AGUSTÍN DE LANZÓS


Chegou a miña filla o outro día entusiasmada do Instituto. O curso pasado xubilarase don Agustín Fernández Paz. Durante este ano, a súa ausencia deixouse notar na nosa casa sobre todo á hora do xantar, que era a que elixía a miña filla para contarnos as anécdotas da clase co mestre de Lanzós. Onte Agustín deu a tradicional charla de despedida ao alumnado. Faloulles das súas novelas; contoulles intimidades da súa escrita; desvelou mesmo as orixes dalgúns dos seus relatos máis célebres (con sorpresa emocionante que non penso revelar) e confesoulles algúns secretos das interioridades máis profundas da súa alma de narrador. Non son capaz de lembrar todas as cousas que miña filla contou porque a emoción desordenaba tamén os seus recordos. Celebro o seu xubileo e agardo que o seu tempo libre de docencia lle permita seguir escribindo para goce de todos, pero non podo deixar de lamentar que a miña filla (e con ela, por suposto, toda a clase) prescinda dun mestre dos que quedan poucos, dos que gañan a autoridade e o maxisterio todos os días da súa vida. Espero, cando recupere o libro que deixou miña filla a unha colega, facer a reseña dese libro fermoso que responde ao nome de O único que queda é o amor. Polo de agora vaia o meu agradecemento.

1 commento:

Anonimo ha detto...

Eu son a filla e como lectora de este, o blog do meu pai (de de Agustín) vínme na tentación de deixar a miña pegada. Gran mestre e sobre todo, emocionantes os segredos. bicos:)