Caxigalines nella Reguera'l Campizu

24 marzo 2008

SEMANA SANTÍSIMA: SÁBADO DE GLORIA



Deixamos Murcia con vintecatro graos e entramos en Valladolid con dous. O ceo azul do levante foi pouco a pouco turbándose ata o gris escurialense da serra de Guadarrama e o negro do firmamento pucelano. Así, a noite escura da alma atopaba axeitada correspondencia. E así, tamén, cun frío inhumano, puidemos rematar o via crucis, no noso Gólgota particular: na taberna El caballo de Troya (un peu puturrú, mais l'ibérique Joselito prodigieuse) da rúa Correos e en Los Zagales (qué nome), na mesma rúa Pasión, cunha crucifixión rotunda a base de tapas ultraterrenas e un viño da terra leonesa, un Abadía retuerta Rívola, para resucitarmos aos poucos días. Do que pasou despois nada pode ser dito: o mesmo Tormes envexa o que o Pisuerga, estremecido, viu e o decoro e a discreción castelás calan.

5 commenti:

Anonimo ha detto...

Se non é indiscreción, cantos quilos gañou nesta SS? É que polas contas calóricas que boto "a ojo de buen cubero" deben ser arredor de un por día, ou sexa, uns sete quiliños.

Anonimo ha detto...

A chama de amor consume moito.

Anonimo ha detto...

Diso nada. Lamento comunicarlle que, a pesar dos seus denodados esforzos, un dos bos, pero bos-bos, apenas gastan máis calorias que subir e baixar as escaleiras a un cuarto piso.

Se non, de qué... eu ía estar feito un figurín.

Anonimo ha detto...

Por certo, ¿que hay de lo mío?

Anonimo ha detto...

La gentil Castilla......