Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 marzo 2008

SEMANA SANTÍSIMA: MARTES SANTO


Martes Santo é día de transición pasional. Comezou en terras de Pizarro cun exercicio espiritual en Casa Nuria, a base de migas extremeñas e caldereta de cordeiro. E rematou, tras unha viaxe doctrinal (porque o sangue sen letra tampouco sae) por ribeiras do Guadiana, cunha visita a outro gordo ilustre, vello predicador de redencións invencibles: o Gordo de Almagro, culé entre merengóns, de novo na praza Maior, unha das máis fermosas do mundo. Alí, callos á madrileña (ou sexa, sen os garbanzos tan gabados en Galicia), ensaladilla rusa á moda de Argamasilla e un chateo con viño da terra, rexo pero efectivo. Suficiente para ver o palacio dos Fúcares e non velo e camiñar onda Bolaños de Calatrava, confesionario e depositario, como o seu nome indica, de afervoada paixón. Baixa, ínfima, xaora, para agrandar e acrecer o pecado.

Nessun commento: