Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 marzo 2008

SEMANA SANTÍSIMA: MÉRCORES SANTO

A mortificación chegou en Villanueva de los Infantes. A visión da celda onde morreu Quevedo (cun mobiliario de Ikea castelanizante) chagou o corazón, xa furado por mil facas de sete estalos ou máis. E fomos a Casa Milagros. Unha camareira, de acento eslavo, recitou aquelas frechas de amor: asadillo de pimentos, tiznao e pisto manchegos, huevos a la torreta, morcilla. Non faltaron nin duelos nin quebrantos, con aquel viño de esparto en lingua. Tras estas "saetas del amor" veu a travesía do deserto manchego: o despoxarse da carne mortificada. E tras a travesía, a visión mística dunha lexión de máis de 4000 "coloraos" tinguindo de sangue as rúas e as prazas de Murcia. Esa alucinación vertixinosa foi inspiración para apelar ao santísimo boquerón fritido e á veneranda ensalada de tomates tomates en pleno éxtase. O Jumilla foi expresión de desgarro espiritual, acompañado de profundos salmorejos ou de dolorosos zarangollos baixo a ardorosa luz da lúa case chea. O camiño de perfección, máis tarde, foi atopado de xeonllos, a escuras, en chama de amor viva. Inefable.

Nessun commento: