O sábado fomos celebrar os cincuenta anos de voda dos meus pais á Coruña. Elixiron un restaurante ao pe da praia de Riazor, coa ollada posta na torre de Hércules e todo o skyline de Montealto. Meus pais estaban completamente felices, rodeados de todos nós: o meu irmán, a súa querida dona, as súas dúas fillas e máis a parte que me corresponde de dona queridísima e tamén dúas fillas. Comimos bárbaro, bebimos esquisito e disfrutamos de todo. Foi un 6 de xuño inesquecible.
Felicidades, mama e papa, papa e mama.
7 commenti:
Parabens.
Supoño que coñece o restauarante do Monte S. Pedro, Elle bo sitio para que invite a sua Dona.
No de Vigo, que quere que diga...haber si temos sorte e Baiona non sufre algo parecido.
Saudos.
Cando vaiamos chegando nós aos nosos 50, comeremos todos xuntos, con máis aneis que Puff Daddy. Inda falta un pouco, pero bueno, todo chegará.
Están estupendos os seus pais. Oxalá cheguemos nós así.
Ay Dios, ¡que guapos! canto se parece vostede aos dous, menuda sorte que ten.
Noraboa ós seus pais. Na foto vense felices e sans, que máis se pode pedir?
¡Felicidades ós pais e ós fillos!
Pero le voy dicir una cosa: que es de que en Curuña no tenemos eskailai dese que estamos vacunaos, ¡eso lo tendrán en Vigo!
Garda vostede gran parecido co seu Sr.Papá. Que cumpran moitos máis e que vostede o vexa!!
Unha admiradora
Posta un commento