Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 giugno 2008

BARES DE VIGO: METBAR


Onte cambiamos o noso sitio habitual das tertulias literarias (o xa mítico Diablito) para coñecer a nova sensaçao cool de Vigo: o Metbar, unha pequena variante, seica, dun que xa existe na cidade de Orozco. Non estaba moi cheo, como podedes observar, pero aínda lle demos a un par de correctos tónicos axinebrados. A cousa non pasou daí, pero a cor laranxa (anos 70) resultou seductora. Sobre todo, como panca de febres sabatinas máis altas.  

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Pero bueno. Resulta que visito hoxe mesmo,en Vigo, o bar "Filipo", ex-profeso pra ver se se me pegaba algo do esprito das súas tertulias, e resulta que mo cambea. Ademáis, iba eu cargado có portátil porque lera na web do café que había WIFI, e a alta i esbelta camareira de rasgos cubanos dime que xa non a teñen. Póñome a tomar un café coa miña dona,nunhas das mesas do fondo, mentras observo os cadros expostos,dun tal Rafael Manzano. ENtra un senegalés a vender cd´s e sorprédense cando me poño a falar con él na súa lingua africana, mentras a...cubana? mírame de reollo, coma un becho raro. A miña dona mércalle dos cd´s ao senegalés i eu tomo unhos apuntes do bonito cadro "Siboney" da entrada. Cando marcho, a camareira sae correndo atrás de mín: Deixaba o protátil esquecido baixo a mesa!. Qué cabeza.
Xa podía avisar onte de que cambiaran de sede tertuliá.
Onte á noite,que facía unha noite estupenda en Vigo pra pasear, atopamos en Urzaiz un local con actuación musical en vivo. Lembróume o "Biher" ourensán dos oitenta. Chámase "Luces de Bohemia", en Urzaiz. Flipéi en cores có ambiente decadente...

Anonimo ha detto...

Reollo=Esguello

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Para a próxima déixese aconsellar pola amiga Ana Bande e caia polo Manteca, xa que vostede é amigo de festas semellantes. O luces é o máis decadente, pero é esa parte das cidades que pretendemos ignorar.
Os domingos polas tardes saímos pouco, pero se chego a saber que está a menos de cen metros da miña casa xa me acercaba eu.
Pero a tertulia literaria do Diablito é pola noite. A da mañán de diario é no Filipo. Alí estaremos mañán.