Caxigalines nella Reguera'l Campizu

2 giugno 2008

TEMPO DE DESILUSIÓN

As filoloxías repensan o seu futuro. A adecuación ao modelo bolognese suxire a reducción a catro anos e 240 créditos (60 menos) o total do que agora chamamos grao e antes licenciatura. As directrices da Consellería marcan condicións para dar saída aos estudios actuais, pero deixan demasiadas portas abertas ás iniciativas de cada facultade. Deste xeito, e con data de hoxe, a UDC plantea o mantemento das actuais filoloxías galega, hispánica e inglesa. A USC propón unha estructura semellante tamén á actual con cinco titulacións: hispánica, clásica, inglesa, galega e unha resultante das demáis filoloxías que dá en chamar linguas e literaturas modernas. A UVigo presenta dous graos: unha combinación-fusión de español e galego e un chamado linguas estranxeiras. O principal criterio para establecermos estas opcións era o da demanda durante os últimos anos (presentar unha media de máis de 25 alumnos por ano durante os últimos tres) e, polo tanto, era necesario buscar solucións imaxinativas. A imaxinación con tan poucos alumnos (menos mal que os Erasmus amplían e enriquecen as nosas aulas) e unha crecente desilusión entre o profesorado (xa demasiado canso de sucesivas reformas) non resulta moi doada e menos cos atrancos e os incertidumes que supón unha prolongada e indefinida política educativa. Por fin, vese perspectiva de remate, pero aínda están por elaborar polo miudo eses planos. Niso estamos, pero con escasas ínfulas e si coa precaución de non causarmos demasiados danos. Non ter a Uvigo este ano licenciados en FG ou ter en terceiro de FH apenas sete alumnos locais (da UDC e da USC pode predicarse o mesmo) non é o mellor dos panoramas. 
    

5 commenti:

CARPE DIEM ha detto...

Ya puse un nuevo post.Como veo que eres el único que comentas pues te informo el primero ;).
Un beso!
Carolina;)

Anonimo ha detto...

Malos tiempos para la lirica.

Anonimo ha detto...

Con todo, e según teño entendido, nalgún deses departamentos que citou seguen a contratar profesorado...

Anonimo ha detto...

E a ofrecer cursos de doutoramento...

Anonimo ha detto...

Non teño nin idea, ben o sabes, pero digo eu que un bo plan de prexubilacións para os profesores convencería máis facilmente até ao persoal máis reticente da convenencia dunha reestruturación do sector, que supuxera o peche dalgún centro (ou dous, deses onde non hai alumnos), unha redución do número das filoloxías e, dependendo da xenerosidade das prexubilacións, incluso a mesma desaparición destes estudos como tales.
Tamén pode que o amor ao despacho, aos proxectos de investigación e ás dietas sexa superior ao desexo de vivir sen traballar, que hai xente para todo. Qué te parece? Pedimos a prexubilación xa ou pedimos que nos cambien o ordenata vello por un novo? Eu apuntaríame á primeira sen dubidalo nin un instante.