Caxigalines nella Reguera'l Campizu

5 giugno 2008

OS SOÑOS DE CAROLAINA

Con gran éxito de público e crítica representouse o martes día 3 de Xuño no auditorio de Caixanova no García Barbón, a obra O soño dunha nena, unha peza divertida, chea de contido político, perfectamente interpretada por uns prometedorísimos cómicos (algúns e algunhas xa realidades incontestables) e magníficamente dirixida por Edgar, o máxico profesor da Escola de Teatro do Concello de Vigo. Nun marco acorde coa envergadura do espectáculo (nada que ver co infame teatriño do Monte da Mina que farían moi ben e rápido en adecentar), este fato de rapaces e rapazas convirtiu o esceario do GB nuns minutos de franca ledicia e ocasionais gargalladas. Un aplauso moi forte para todos eles e para Carolina un bravo de pai anegado polas babillas derramadas. 

9 commenti:

Anonimo ha detto...

Moitos parabéns á filla actriz e aos pais (moi logo "os pais da artista").

A miña un 7 en piano, un 9 en linguaxe musical e outro 9 en educación auditiva (3º curso de grado elemental, Conservatorio Profesional de Música de...).

(Por imposición filial asino como anónimo)

Lula Fortune ha detto...

Véselle o plumeiro, Api.

Anonimo ha detto...

É que soubemos hai uns intres as notas e, humanamente, non puiden agochar o meu orgullo paterno.

Lula Fortune ha detto...

Fai ben, fai ben. Parabens para ese fenómeno de filla e para os seus orgullosos pais.

Anonimo ha detto...

Igualmente, igualmente, ...

Anonimo ha detto...

Querido pai:
Títulase: O sono de nena. E sí, é unha obra magnífica, que s ecelebrara o 15 de xuño no monte da mina, un dez sacamos todos.Un bico.

Nuca ha detto...

Canto arte hai nestes blogs!!!!

Arumes, o próximo en Hoolywood...

Anonimo ha detto...

Mi amor es todo de mi sobri Caroli-i-na, ta-ta-tata-tatatatatatá, Carolina es un primor, y actúa ques un primor, a mi Carolina yo le doy mi amor...

Anonimo ha detto...

¡Saque á nena de vicios, cojones!