Caxigalines nella Reguera'l Campizu

6 giugno 2008

VIGO STREET


Un querido amigo acaba de anunciarme que se vai este verán unha semaniña a Londres, en plan familiar. E foi casualidade porque precisamente ía poñer hoxe eu un post ao que me parece a noticia do ano en Vigo: o establecemento dunha liña directa de avión entre a Cidade Branca (o de olívica vouno deixar hoxe) e Londres. Estar conectado, aínda que non vaia en datas próximas, coa capital británica, digamos in pectore, resulta fascinante: xa vexo aí os paseos por King's Road, as ceas con parrulo lacado en Queensway ou os scones á media tarde en Fortnum and Mason. Algúns irán á Tate, outros á noria do London Eye, ao British Museum, á National Gallery. Pero a min dádeme unha pinta no Lamb and Flag e serei o home máis feliz do universo.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Eu, máis que de pintas, son de claritas. Teránas no Lamb and Flag? Dubídoo.

Boa noticia o da liña directa dende Vigo, moi, pero que moi boa noticia. Vémonos cando as rebaixas en Harrods? (tamén vale o de Buenos Aires, pois xa coñecen o seu lema: Omnia Omnibus Ubique)

Anonimo ha detto...

Ale ou bitter? Déixeme recomendarlle tamén o Blackfriar (está a un paso da Tate Modern) ou o Coach and Horses, na compaña do espírito de Jeffrey Barnard. Por certo, sen ánimo de polémicas localistas, o rueiro londiniense tamén ten unha Corunna Street. E outra, Trulock, na honra do avó materno de Cela.

Anonimo ha detto...

¿Vigo, Zamora?