Caxigalines nella Reguera'l Campizu

2 giugno 2008

IMAXE E SEMELLANZA


Resulta curioso comprobar como se vai creando a imaxe a partir de certas construccións intelectuais. Esta do grabado era a suxerencia iconográfica de don Quixote na segunda mitade do século XVII (Leyden, 1681). Calquera semellanza coa estampa recoñecible hoxe é pura coincidencia. Se isto ocorre con persoaxe tan célebre imaxinemos o que acontecerá co menos pintado.

2 commenti:

Anonimo ha detto...

Creo que a imaxe contemporánea do Quijote se cadra é directamente tributaria dos fermosos grabados de Gustavo Doré, que datan de hai uns 130 anos ou por aí, segundo teño entendido. E tamén ten ben pouco que ver con esa estampa reproducida no post.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

En efecto, así sucede. Noutro post poñerei as similitudes entre Doré e varias pelis sobre o Quixote.