Caxigalines nella Reguera'l Campizu

3 giugno 2008

CAMPEÓN


Pasei a itv do noso seat marbella class 87. Vai camiño de coche de época, co seu volante sen dirección asistida e amortiguadores de ballesta. Matrícula coruñesa en territorio vigués, matizada cunha pegata do Celta e un par delas máis, reliquias de nunca máis e non á guerra. Agora ten unha nova, á esquerda do parabrisas: luce bermella co 09 fachendoso da licencia. 
Longa vida ao marbella.

5 commenti:

Anonimo ha detto...

O de ter volante sen dirección asistida é algo que me conmoveu profundamente. Ese coche é unha reliquia e, como tal, venerable per sécula seculorum.

Anonimo ha detto...

E pasóu a revisión "á primeira"?

Anonimo ha detto...

Quero ver ese Marbella!!!!!!!!!!

Anonimo ha detto...

Faga o favor colgue unha desa reliquia andante!

Anonimo ha detto...

Non din escrito:
Faga o favor colgue unha foto desa reliquia andante!