Caxigalines nella Reguera'l Campizu

17 giugno 2008

BARES DE VIGO: BODEGA ANDALUZA


Algo cansos de probar as marabillas da comida italiana, decidimos o domingo variar un pouco e probar comidas exóticas. Estivemos en dúbidas ata a última hora entre o chinés clásico da Alameda ou a Bodega Andaluza de Montero Ríos. A prevención da miña filla pequena ao fantástico mundo da chinese food, fixo que coméramos na franquicia sevillana. Para os pouco amantes da música aflamencada e nomeadamente das sevillanas, non é o lugar predilecto, pero salvada esa pequena pega que poderían solucionar elixindo dentro da arbre inabarcable do flamenco outro palo, o restaurante merece a pena. Aínda que só sexa pola excelente escolla dos seus ibéricos e do aceite empregado nas ensaladas de verdadeiro luxo. Presentan uns boqueróns rebozados con lixeiro sabor a comino e un solombo de ibérico riquísimo, así como uns revoltos de menudos de quitar er sentío. Probamos un Azpilicueta para acompañarmos o xantar, pero doutra vez (xa volvín tomar unhas cañas polo seu amable servizo e as xenerosas tapas) pido unha manzanilla para rematar a faena. Non se exceden no precio e, desde logo, agradécese esta nova oferta.

1 commento:

Anonimo ha detto...

Vaia, venme de lembrar que aínda traio no peto a tarxeta de onde comín o outro día...mmm...Domestica Causa..C/México 10...

Por certo, Arume. Imaxino que lle deron o Azpilicueta que lle deixéi pago no Lizarrán cando lle deixei os libros en italiano. Non me lembréi de preguntarlle se lle gustaba,pero agora xa vexo que sí.JAja.