Caxigalines nella Reguera'l Campizu

26 settembre 2008

ORIXES


As miñas fillas comparten aula con nenas e nenos procedentes de países latinoamericanos. Sempre foi así, pero a proporción deste ano parece impresionalas e entusiasmalas. Pasamos uns xantares ben entretidos (todo o contrario do ano pasado polo aborrecido teor das historias entre xente semellante), co relato dos relatos que tanto S. como K. narran ás miñas fillas. 
Do seu mundo apenas se fala nos xornais, agás nunha reportaxe moi ocasional ou para falar, tamén de forma moi eventual, dos problemas que conleva a súa vida fóra do seu país de orixe. Por non comentar o indecente (infame cabería dicir) emprego de alusións a nación de partida de persoas involucradas en actos delictivos, aspecto que nunca se suliña no caso de que a persoa proceda da mesma cidade. 
Gústame que miñas fillas saiban cales son os seus gustos (as pequenas cousas: as discotecas preferidas -Cachamba (donde hai uns cubanos guapísimos) ou Rumba; os lugares de distracción -a pista de fútbol sala do Berbés; a música -"yo no sé nada de música, a ti que te gusta? Porque a mí me encanta el reggaeton, me chifla, la bachata también pero el reggaeton"), os seus intereses (non queren volver: queren vivir aquí, seguir estudando); os costumes, filias e fobias (é divertido o relato do ránking de países pola beleza dos rapaces). En fin: o que ninguén coñece e que ocupa unha parte cada vez máis importante desta cidade de acollida. Están aquí: nos cruzamos con eles a cada momento. Pero ignoramos case todo das súas vidas. 
Alégrome moito de que as miñas fillas sexan as súas amigas. Hoxe creo que a maior delas viña cun sotaque estraño do Instituto. E ben lindo que era. 

Na foto o meu avó Félix, a quen non coñecín, que deixou (non era tan lonxe) Rueda para cavar minas e varrer rúas nunha terra máis ao norte. 

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Lonxe era, 6 ou 7 horas de viaxe seguro entre dous mundos máis distintos do que hoxe son e máis tamén do que poidamos imaxinar.
A miña pequena ten un neno brasileño na clase, moi guapo e sorrinte. "Papi, sabes como se dice rosa en brasileño?" "Cómo" "Rosa. Ves?, como nosostros"

Anonimo ha detto...

Denlles, cada un de vostedes, un bico as súas fillas que son ben afortunadas e seguro que lles aproveita a mistura.

besbe ha detto...

Toda a razón do mundo señor arumes, grazas á volta de moita xente que se foi alá e de moitos outros que están vindo aquí, o meu paladar (entre outras cousas) viuse moi recompensado: freixós, arepas, fainá, mate...e mil cousas máis viñeron a aledar a miña mesa e posterior sobremesa con agradable conversa.

Sobre o do González Garcés tamén pensei que era a única ata que lendo comentarios vin a sua opinión expresada.

Saúdos grandes e pronto unha reseñiña sobre CVB :)