Hai rumores de fusións nas caixas de aforro. En concreto, das galegas. A crise é a excusa para xuntar cartos nunha soa empresa. Optimizar recursos e afianzar posicións. Disque.
Eu propoño que fagan o mesmo coas universidades. Que voltemos, sabios despois de case vinte anos de andarmos dispersos, ás orixes, pero desta vez melloradas: á Universidade de Galicia.
Na foto Procuratie Nuove: Biblioteca Marziana.
5 commenti:
Aí xoga sobre seguro: imos a estar de acordo todos. Problema: quén lle pon o ese ao aquel.
Iso mesmo. E un aeroporto decente de vez de trs merdas. E...
Iso implicaría botar á rúa a metade do profesorado (non funcionario, claro) e a moitos bolseiros e investigadores.
Habería tamén unha non cativa redución no número de estudantes inscritos nesa universidade galega, na previsión de que algunhas (ou todas?) as facultades de Vigo e Coruña pechasen. Algúns preferirían matricularse fóra de Galicia, mesmo en Portugal.
Estarían dispostos os concellos a rematar co maná que supón que miles e miles de estudantes gasten os seus cartiños nas súas cidades (servizos, alugueres, etc)? E por certo: que fariamos cos edificios que houbese que pechar?
Pero, en xeral, a quen lle importa a universidade? Se mañá se fixese unha folga, quen o notaría?
Non falamos de cantidade, anónimo, falamos de calidade e o ponente me parece que lle vai pola Q.
joder. Mira que non levo eu anos berrando eso mesmo. Por certo que unha única universidade non implica nin aquí nin na China un só campus. Tampoco quere dicir necesariamente que no século XXI haxa que botar a rúa a ninguen, pode que o contrario xa que son as tarefas investigadoras as que cada vez máis xustifican as plantillas.
Vou ver si recupero unhas cartas ao director que tiña escrito hai tempo sobre isto
Posta un commento