Caxigalines nella Reguera'l Campizu

6 ottobre 2008

BLOGOCULAR


Hoxe Anabande volveume indicar que lectores e lectoras deste blog renuncian a ler as miñas anotacións pola cor negra do fondo e a cor branca (agrisada nas derradeiras versións) das letras. Moléstalles. Non son os primeiros e receo que non sexan os únicos. A min gústame, e moito, o resultado final: sempre gustei da cor negra como fondo para as fotos e para as letras. Atopo elegante a combinación actual do meu blog e sinto que forma parte xa das súas características. Tamén é verdade que desde o meu ecrán o resultado é moi atractivo. Sinto, en todo caso, non poder satisfacer os seus desexos. Se podo facer outra cousa por eles/elas, aquí están os comentarios para facer chegar as súas suxestións.  

6 commenti:

Ana Bande ha detto...

...mmmm...pois si, eu teño unha suxestión...se dende o seu ecrán o resultado é tan atractivo...digo eu ¿por que non poñer unha güecam e así vemos a cara de pillabán que pon cando escribe? ande...ande...as súas seareiras llo agradecerán. Mimá...menos mal que non estaba vostede na sobremesa desoutro día e non pode contar de anchoas e tigretóns....¡¡¡apertas!!! ah!!! e alegrame ben que non mude a estética deste seu lar, a min tamén me gusta, e se non lla copiei foi polo medo que me da o blogger ese que por menos dun click déixache sen bló.

Anonimo ha detto...

AnaBande é unha repunante. Sen g.

Anonimo ha detto...

Por qué non-o pon blaugrana, quedaríalle moi aparente

Anonimo ha detto...

Hola,
A mí gústame moito a presentación do blog. Penso que é elegante e atractiva. Non a cambiaría tampouco.
Meus parabéns polo blog.
Isabel

Anonimo ha detto...

Póñao negro nos días impares e blanco nos pares, ou viceversa. Ou cambie según o seu estado de ánimo. Moita xente entraría pra ver de qué humor anda. Sobre todo a discipulada.

Anonimo ha detto...

E que tal de roxibranco, que lle son as cores de moda