Caxigalines nella Reguera'l Campizu

19 ottobre 2008

TARDE DE DOMINGO

Hoxe había día de praia. Pero tamén era día de cama ata as tantas. Eu sempre me debato (pouco) entre erguerse cedo para aproveitar a mañán espléndida ou durmir ata tarde para aproveitar ese tempo de máis dos domingos. O debate sempre cae do mesmo lado: o da cama. Despois, xa ás tres da tarde, arrepíntome, pero xa é tarde. Hai que xantar e despois de xantar hai que tumbarse a ler o que non está nos escritos. Nunca durmo a sesta e cando chega, como agora, a hora do solpor penso en escribir algo, en seguir lendo ou en preparar unhas filloas para larpeirar o fin do fin de semán. Hoxe, sen embargo, teño Els Joglars: mudarei azucre por vitriolo. Espero que sexa mellor có da última vez.


3 commenti:

Anonimo ha detto...

Pois góceo. A min nunca me defraudaron.

Anonimo ha detto...

Síntoo, amigo náufrago, pero a min defraudáronme onte.

Anonimo ha detto...

Tenme que localizar esos hoteis de Vigo, que van ter habitacións so para a sesta.
Que delicia, sin clientes, sin papeis, sin xuices, sin internet, so unha sestiña na cama.