Caxigalines nella Reguera'l Campizu

4 ottobre 2008

O XORNAL DE HOXE


Leo con tranquilidade EL PAÍS despois de xantar. Unha vella tradición sabatina. Procuro determe máis do habitual, en especial nas páxinas dun Babelia sempre irregular e nas novas cheas de abundante información do Viajero. Das primeiras constato a (resesa) ubicuidade de Juan Cruz; a abundante anatomía de Villalta; o artigo de Muñoz Molina (hoxe máis interesante do habitual); a especial devoción dos mandaríns barceloneses (Jordi Gracia) por Gimferrer, cuxa historia amoroso-erótica axiña contarei; a incomprensible recensión do incomprensible (e plúmbeo) Ferlosio; a reseña sempre limpa, sen aristas (e tamén sen interese), de Guelbenzu; a insulsa frivolidade de Rodríguez Rivero; a sempre útil e interesante glosa de Calvo Serraller (un lugar de parada obrigado); a crónica de espectáculos de Marcos Ordóñez, imprescindible para quen carece de oportunidades de ver teatro; e a correcta (e rutinaria) evocación de Paul Newman feita por Martín Garzo. 
Do segundo, leo a descripción dun día na vida dunha Cruz luguesa (que non está mal: sobre todo, porque se detén en referir as tapas que ofrecen os bares, esencia de toda cidade); paso por riba (por non chorar) da guía sobre Florencia; e detéñome na cálida recensión de Casa Marcial en Arriondas, lugar que descoñezo e penso visitar en especial por esta sublime frase de Capel que transcribo para paladeala: "Croquetas de jamón tan gustosas como nadie pueda imaginarse; una fabada espectacular de alubias mantecosas, carentes de grasa, que figura entre las tres mejores del principado; un torto de maíz con sardina en salazón y huevo frito de los que levantan del asiento, además de su famoso pitu de caleya (pollo de corral) estofado a la antigua usanza, de carnes oscuras y sabor intenso, con un ravioli de sus propios menudillos. Algo memorable. De postre, maíz helado con chocolate blanco, y arroz con leche quemado muy goloso de textura cremosa."
Remato de ler o xornal e camiño cara o ordenador para transcribir estas impresións. Así paso media tarde, como preámbulo dunha cea mexicana. 


Nota (que merecería post aparte) sobre Juan Cruz. Nunha anotación dun post recente, emprega o título traducido do libro de poemas de Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra, para referirse a un episodio persoal de insomnio. Sen entrar noutros comentarios, sírvase anotar este caso como curioso (e confiscatorio) exemplo de intertextualidade literaria. 

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Treme Arume, treme, que aí vamos.
Que firma un 0-1?; Choque a man e remate o conto.

Anonimo ha detto...

Delapierre... Delapieeerrreeee!! Onde se meteu?

Anonimo ha detto...

Estaba ben claro 6-1. Anda coño, se puxera 0-1. Perdón Arume.
E vostede rr, aplíquese que o ano que ven veñen a xugar a Lugo.