Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 aprile 2009

PORRO NO PORTO



Corina vén de Presidenta da Autoridade Portuaria para Vigo. Os seus amigos do Concello, Santi e Abel, desconfían da súa competencia e ademáis apuran a interpretación de que vai empregar o cargo para trampolín para a alcaldía, dous anos antes das eleccións. 
Unha persoa que foi alcaldesa (no caso único da historia da municipalidade democrática en que non se precisou maioría para gobernar) e que foi conselleira, aínda que non coñeza o porto (puerto a partir de agora: a harbour non chega), ten a intelixencia política suficiente para saber que ás veces vale máis estar ou proclamar que estás onde estás ca saber o que tes que facer. E para o posto en cuestión, é moito máis importante dar que falar que ter para traballar. 
A outra acusación de alcalde e tenente de alcalde sobre o trampolín conmove pola inxenuidade, se non fose un escandaloso sarcasmo: Corina vai traballar pola prosperidade da cidade coa entrega cotiá e regular de cartos en publicidade institucional (e da outra, tamén institucional pero solapada) para xornais devotos da súa boa presencia e atinado savoir faire, para televisións locais que ninguén mira ou para emisoras radiofónicas que suspiran por sus huesitos, no máis puro estilo dalgún dos seus predecesores, agora reconvertido en acusador moralista do que el mesmo fixo con demostrado balbordo e confusas contas de gran capitán. 
Corina Porro non precisa de trampolíns: ela é mesmo o menhir de Nouvel. Vai estar no cumio, coma o almuédano que chama á oración: empoleirada, cunha cámara permanentemente dirixida á súa persoa, cos micrófonos permanentemente abertos para trasladar ata os seus máis íntimos pensamentos, coa escenografía permanentemente despregada para magnificar a insignificancia diaria. 
A Caballero (e a Domínguez, de paso) non lle puxeron diante só unha presidenta molesta: colocáronlle unha canle enteira de propaganda política nos seus fuciños. El saberá agora que quería dicir aquel refrán de donde las dan
Pois iso.

3 commenti:

SurOeste ha detto...

Bravo!

Iacobus Von der Stein ha detto...

Se eu estivera en Vigo, o meu obxectivo sería namorala Porro. Ser consorte de Porto de Vigo, co que mola, ca de viaxes en iate que che caen, cenolas en cuberta, paparotas no medio do mar a pálida luz da lúa de Cabo Home.
Fágame algunha xestión para ver se eso se podería facer dende Lugo

Voltaire-'Vigo ha detto...

Muy bueno, pero...

Metera tambien Corina a 83 amigos, del partido en el puerto para que luego le voten en la asamblea del partido donde fue "coronado" candidato a la alcaldía de Vigo como hizo el tío Abel?

No hay que olvidar que algunos/as que eran fieles al Principe de Coya, le abandonaron tan pronto a sus hijas en el puerto colocaron...

Lease Manel, Rivas, Isaura, Molocho, Paco el cojo etc.etc.

¿Es que ya se olvidaron?