Caxigalines nella Reguera'l Campizu

31 gennaio 2010

CHEGA O VERÁN


Así como a mediados de agosto unha pequena brisa distinta das anteriores, un pequeno movemento do aire en plena canícula, amosa que vai declinando o verán e anunciando aos pouquiños a chegada do outono, así as flores da mimosa, no máis frío do máis xélido tempo de inverno, van proclamando o paseniño quecer dos días. Na beira da autostrada, á altura de Pontecesures, coa paisaxe do Ulla brilando ao lonxe, coma ao comezo da Soledad Segunda gongorina, vin as primeiras deste ano. 
Na calor amarela das flores puiden mirar nidios os mansos outeiros de Murlo.

1 commento:

Dilaida ha detto...

Tes razón se nos falta o optimismo, non temos nada que facer e aínda que terá que vir a primavera, para min a máis fermosa das estacións do ano, non está mal ir pensando xa no verán.
Bicos