Cumpro hoxe tres anos de blogueo. Hai que recoñecer que lle sentou ben á miña vida e aínda me senta. E iso que aforro intimidades que algún día virán ao caso.
Unha pequena satisfacción máis, tras a excursión á neve de hoxe á tarde, non me vén mal nesta noite de inverno trala que teño que madrugar.
10 commenti:
Parabens e longa travesía
Os meus parabéns, non sabes canto agradecemos os teus seguidores que che preste. Moito pulo pra recomezar a actividade docente. Abrazos de Manolo
Parabéns, caro amico
¡Tres anos! ¡Parabéns! (E abrazo)
E por riba é do Barça, ¡non hai dereito!
Pois a por outros tantos e que eu llos lea.
Pois xa que é do Barça e que conseguiu o triplete, agora hai que rematar a faena cos tres anos/títulos/copas/piñeiros que faltan na vitrina, para quen non se diga. E logo os que veñan, que Don Arumes é un home forxado na canteira/pedrera e aínda dá para moito. O que non damos outros, que cada vez vemos mais perto o crepúsculo definitivo.
Grazas mil por manter este porto de recalada, parabéns polo trienio e ánimos para lograr o sexenio.
Parabéns,e que non decaia
Súmome aos parabéns. E ratifico as verbas de X.
Posta un commento