Caxigalines nella Reguera'l Campizu

27 gennaio 2010

ENSIMESMO

Despois dun par de días trastornado pola enfermidade da volcadura de datos en aplicacións informáticas (esa peste jodierna, que diría un das salamancas jurdanas) e pola comprobación da ausencia de límites da parvura humana (menda incluso), atopo hoxe un par de recursos luminosos para recobrar alento e vida: un vídeo da película italiana Baciami ancora (coa pléyade de actores e actrices riquiños e riquiñas daquel país) de Lorenzo Jovanotti, nada do outro mundo pero suficiente para levantar o ánimo co mínimo ollar de mares adriáticos e casas ocres do paese toscano con manteis de cadros e amizades e risas e baile, e a música de The Black Keys, todo un fascinante achádego (un blues potentísimo desde Ohio) que alivia estas tardes de inútil excrecencia burocrática e de indecentes convocatorias caballerescas.   

Nessun commento: