Déixoo aquí consignado, pero, esaxeracións aparte (a toda historia vénlle ben sempre a súa pinguiña de esaxeración), a miña percepción vese exemplificada, con tristes noticias, cada día que pasa.
Caxigalines nella Reguera'l Campizu
29 gennaio 2010
SAGERAO
Escribía caoesemdono nun comentario neste mesmo blog que eu esaxeraba, dous días despois de que o meu amigo xg me dixera exactamente o mesmo e engadira: "Iso é en Vigo; aquí non pasa nada diso". Admito que algún superlativo, unha amplificación de adxectivos valorativos, podía conducir á sensación de hipérbole. Pero eu afirmaba o meu diagnóstico sobre os comentarios escritos nos xornais virtuais, nos foros feisbuqueiros, non sobre o que vía na rúa, que non se compadecía con ese bélico balbordo. As palabras de xg semellaban ofrecer unha paisaxe distinta, a propia dunha vila onde o galego é lingua eminente e case exclusiva e, polo tanto, escaso motivo de distanciamento.
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
2 commenti:
concordo que nos xornais virtuais e demais foros veso moita discusión agre e posturas irreconciliables, pero moita xente que adoita entrar nesas leas faino desde fora do país con posicións moi extremas.
O perigo está no enfrentamento promovido diariamente pola prensa madrileña máis radical.
Cando caio no desánimo, vexo cousas como esta:
http://flocos.tv/curta/linguas-cruzadas/
Fica claro que, na sociedade na que vivimos, un conflicto virtual pode trocarse en real se é apoiado convenientemente pola prensa e os medios.
Posta un commento