Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 gennaio 2010

ELECCIÓNS A UNIVERSIDADE


Elixen reitores as universidades de Santiago e de Vigo. A primeira cun feixe de candidatos/as; a segunda con dous polo de agora, con rumores doutro aínda por anunciarse. Nesta, que fica máis perto, preséntanse Mato (aka Tano), pola plataforma de Alternativa Universitaria (unha disciplinada e heteroxénea botica onde concorre todo o espectro ideolóxico, con predominio de sectores pesoínos e visibilidade notable dos nacionalistas), e Cabeza (aka Xaime ou Jaime), pola chamada Nova Universidade (outra heteroxénea plataforma, con eminencia de uxetistas e de sindicatos profesorais independientes), tamén coas mesmas incertas afinidades internas cá outra plataforma, en ámbolos dous casos máis froito do azar académico ou do interese individual ca de profundas similitudes de pensamento. A política interna da Universidade de Vigo non se corresponde coa estructura político-ideolóxica de Galicia e así se poden ver nunha e noutra plataforma persoas que militan ou son simpatizantes de parecidas correntes políticas. 
Os dous candidatos, ao parecer próximos ao BNG (velaí a singularidade), disque, teñen as súas virtudes e tamén, seica, os seus defectos. Os dous coñecen, disque, a fondo a universidade e os dous apuntan, seica, maneiras de rexidor de destinos colectivos. Non vou ser eu quen analice con detalle tales rasgos porque carezo de información convincente. O certo é que quen consiga os votos nas eleccións ten por diante o control completo da universidade ata a vindeira ocasión, xa que o funcionamento democrático da institución atópase moi debilitado ao carecer o claustro e o consello de goberno de eficaces instrumentos de fiscalización ou de relativización do poder reitoral. 
Eu, con todo, sempre me formulo, desde hai tempo, a mesma pregunta: non haberá ninguén máis para candidato/a? Non teremos algún día outras opcións?

Nota: a mera idea de que concorran xuntos xa dá idea da extraordinaria diferencia entre os candidatos e as súas correspondientes candidaturas.

2 commenti:

xmejuto ha detto...

Querido Arume ... no hay duda de que tu sutileza política te permite ver mas allá de lo que dices en este texto ... sin embargo te puedo garantizar que desconozco personalmente el número de candidatos que van a concurrir a las proximas elecciones de la Universidad de Vigo, y hasta que se convoquen las elecciones pues no es seguro ni siquiera que se presente los que en este momento están en liza.

Sin embargo como profesor de ourense (que vota en clave orensana) y visto quien es el candidato a Vicerector del campus con Jaime ... yo tengo el voto ya bastante decidido.

Por otro lado, puedo darte una lista de excéntricos que han llegado muy lejos ... y particularmente a nuestra universidad le convendría probablemente tener un par de excéntricos en algún decanato. Esto seguro que tu centro es uno de ellos :)

En cuanto al resultado me es indiferente ... la Universidad tendrá lo que se merece!

xmejuto ha detto...

PD ... para tu disfrute y el de tus amigos coloco en mi perfil de blogspot fotografía de un excéntrico disfrazado de escocés

Un cordial saludo