Pero, se sae aquí, nesta galería de bares recomendabilísimos de Vigo, é polo panorama social que amosa: en primeiro lugar, unha presencia case en exclusiva de mulleres, excluidos os ocasionais empregados masculinos do corteinglés. Dependientas e visitantas do gran armacén enchen o local de forma preferente, sempre cun prato de comida diante. Pero dentro desta marcada tendencia (oposta ao exclusivo masculinato da camareiría, un pouco sobrepasada de peso, todo hai que dicilo), o rumboso grupo de mulleres de (in)certa idade sobresae da media, coas súas blusas asedadas (en pleno inverno), a súa bijoutérie ao completo, o seu abrigo de pel (do que sexa) por riba dos ombreiros e, por suposto, a súa cabeleira cardada en pompa platino. O de menos, porén, é a indumentaria: o fundamental é ise prato (media ración disque, pero rebosa unha fonte) de lacón con grelos ou de cocido que a media mañán e en silencio pulen con aseada dilixencia.
Este panorama, repetido de mesa en mesa con idéntica aceno de gula, a iso das dúas da tarde, ben merece unha visita ao local. Aparte de probar a grandeza do pincho reglamentario, veremos unha das imaxes máis auténticas do pracer do bó dente e da exaltación tácita da amizade.
1 commento:
Dame algo de pudor escribir algo eiquí despois das tan interesantes verbas do comentarista anterior.
Arumes: permítame contestarlle na súa casa á conversa iniciada "can Bouza", que din en mallorquín. Porque supoño que os que alí van non lles interesa unha acotación a un detalle do post do autor(off the topic, creo que se di).
Eu constataba que foron as forzas conservadoras as que se enfrontaron ao plan Palacios. Sobre o fondo do asunto: en liña coa obra do autor: monumentalista e grandiosa de máis (ao meu gusto), aínda que con obras excelentes ( a min si que me gusta Correos). Sobre o plan en si creo que se anticipaba décadas sobre o seu tempo, e aportaba daquela solucións que hoxe intentan buscar e non dan atopado (a diferenza de usos na cidade, por exemplo). Tendo en conta como foi o urbanismo vigués da postguerra - ata hoxe - eu si lamento que non fora adiante o Plan Palacios, aínda que só se cumprira unha décima parte.
Posta un commento