Coa auga que discurre polas xanelas e coa néboa que confunde a paisaxe, penso en que debería estar eu agora en Nápoles. Abro unha webcam que me permite ver o Castel dell'Ovo e apenas o Vesubio desde Sorrento: vai sol coa calima das primeiras horas. Lembro, para flaxelarme, unha tarde de hai xa vinte anos, corso Umberto I, via Toledo, san Carlo, e unha visita a Pompei e a Ercolano e as noites de Sorrento e a viaxe luminosa a Capri e o ascenso, entre oliveiras e farallóns, á Villa Iovis e un prato esencial de spaghetti al pomodoro e basilico baixo a parra e o sol azulísimo da Campania.
Non sei como poderei estar por aquí estes días co fiasco de vino rosso petando na miña memoria.
1 commento:
Iso de botarlle Fairy ó volcán estivo mal, moi mal, estes islandeses sonche así,poucos pero revoltos. Xa haberá máis ocasións e, polo menos, esta deixounos a oportunidade de disfrutar con vostede dese recordo de hai vinte anos.
Posta un commento