Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 aprile 2010

ANTIDEMOCRÁTICO ERES TÚ


O actual presidente do Partido Popular, o señor Rajoy -de quen admiro, non obstante tantas cousas, a súa elocuencia e a súa afiada dialéctica, virtude pouco común nos parlamentarios- declarou hoxe que o acto celebrado onte na Universidade Complutense de Madrid, no que se amosaba un apoio ao xuíz Garzón e, por admitirmos a maior, se vertían horrorosas diatribas contra os xuíces do Tribunal Supremo e mesmo contra o propio Tribunal (subtilezas dos leguleios), era un acto "antidemocrático". A lista de adxectivos que merece un acto destas características é aínda máis extensa cá dos calificativos recibidos nos últimos tempos polo noso Lionel. Os xornais reaccionarios (nunca mellor dito neste caso) aportan un caudal fertilísimo para a tarefa, pero o de antidemocrático parece impropio para o caso. Tomaron decisións orgánicas nesa asamblea? Promulgáronse leis? Decidiron derrogar algunha disposición sobre exércitos ou profesorado non numerario? Asumiron o mando de comunidades de veciños? Nomearon algún ministro? Proxectaron novas liñas ferroviarias? Elixiron algunha presidenta da Terceira República?
Presionar, saír á rúa, protestar contra diosylamadre é o exercicio máis democrático que cabe. Ben o saben eles que abandeiran Serrano e contorna cando ao párroco lle sae das casullas.

Nota: para o secretario de estado a infantería xornalística, que marca curiosamente o paso a estes escasamente dirixentes de partido, pediu a demisión. Ao parecer por "estar" nese acto. Esa era a palabra que algún dirixente de comunidade autónoma próxima e do mesmo partido pepeiro empregaba cando lle preguntaban pola relación con anteriores xefes de estado en trance de executar a garrote: "Eu estaba alí, pero non era". Naturalmente.

Foto: Taberna do meu avó, onde se reunía o SOMA-UGT de Mieres.

Nessun commento: