Levo un día algo calamitoso, tras o ataque dun virus malévolo. Cando un se atopa así (no meu caso, por fortuna, son moi poucas veces), un reflexiona (pouco, porque tampouco un está para nada) sobre o imprescindible que resulta disfrutar da vida en plenitude de condicións, de non deixar nin un mínimo momento de pracer. Hoxe foi un día de purga, case inválido, se non fose porque aínda así tiven folgos para andar rematando un traballo sobre jácaras e bayles e para lle arrear a este blog un post máis, aínda que sexa para contar este día molesto.
Menos mal que Aitana algo mamou onte á tarde. Para o día longo que xa leva por aquí non está nada mal.
Foto: IPP en Worcester College.
1 commento:
ahhhh...pobres virus! ¡bicazo TIAZO!
Posta un commento